Unha moura veu a verme



Un nu non ten porqué ser explícito. Canto máis agocha, máis insinúa.

Deste xeito quero comezar unha serie se publicacións monocromáticas, que tamén gusto de prescindir da cor de cando en vez.

O que si, se chegaches até aquí, gañaches un premio que non obterán aqueles que ficaron nas redes sociais. Un obsequio digno do mellor programa de fenómenos extranos que poidas atopar.

Fixácheste en quen observa desde a escuridade? Ou só ficaches a observar o obvio... anda! amplía a foto e observa con atención alá no fondo, na zona escura...

Comentarios