O Gardián das Chaves


Quenes me coñecen saben ben que unha das miñas afeccións "secretas" é a banda deseñada. Coma bon amante dela, gozo moito tamén co estilo manga xaponés e por suposto, tamén do cine de animación e do Anime (que é coma lle chamamos ao estilo nipón).

Pois ben, unha das series Manga e Anime que máis me gustan é Kimetsu No Jaiba (Demon Slayer ou Gardiáns da Noite coma é que a coñemos no noso idioma). Unha das personaxes á que máis simpatía lle gardo é precidamente Inosuke.

Grazas á artista viguesa Isa Cobo, podo levar a Inosuke comigo a diario a través da súa estupenda ilustración insertada nun chaveiro de gran calidade.

Tanto esta peza coma outras as podedes atopar na escola de Debuxo e Pintura Espacio Magenta do Milladoiro onde entroutras cousas e con moita paciencia, tratan de que aprenda tamén a debuxar eu mesmo algo 😁  ...E é que a min gústame tamén iso de amolar á xente con retos imposíbeis!

Así que hoxe, domingo, toca deixarvos unha recomendación para que gocedes da Arte máis alá tamén da Fotografía.

Por certo... para os máis técnicos... trátase dunha fotografía macro directa. Sen retoques. O desenfoque débese á profundidade de campo que eu conscientemente busquei e foi tomada sen trípode. No Instagram da artista podedes atopar a ilustración de Inosuke xunto co resto de marabillas que debuxa.

E volvendo a Inosuke... Quen mellor para coidar das miñas chaves? Agora sei que están ben aseguradas!

Comentarios