Catro en liña



Sempre me chamaron a atención os cruceiros. Na Galiza é rara a vila onde non atopes un. Pero non veño hoxe falar nin de relixión, nin de historia.

Cando atopei este cruceiro na vila do Ézaro, pensei de primeiras que igual tanto cable eléctrico íalle quedar mal e o primeiro que me veu á cabeza foi que tería que usar retoque para eliminalo. Coido que é algo que moitos fotógrafos barallarían.

Mais retocar non me divirte e trato de evitalo. Iso ensinoume que ás veces non se trata de eliminar, senón de integrar

Comentarios