Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

Paraugas

Imaxe
Hai días de outubro onde non sabes ben onde che convén poñer o paraugas, se por riba da cabeza ou polo chan.

Ás veces saen soas

Imaxe
Cheguei á casa logo dunha saída e a derradeira foto que tiña tirada era unha que foi totalmente involuntaria, seguramente de cando baixei do bus... pero algo me ten... algo me ten...

Pegadas outonais

Imaxe
A quen non lle gusta gozar dun bon cucurucho de castañas acabadiñas de asar? Como? Non viche-la castaña?

Xunta ordinaria

Imaxe
Unha curiosa xuntanza moteira outonal nun apocalipse Z.

Hora da siesta

Imaxe
Algo que tamén podemos dicir que é aproveitar un bon serán de lecer outonal é descansar. Iso que atribúen aos españois pero que os reis do mundo sabemos gozar tan ben.

Chove en Santiago

Imaxe
A chuvia ten algo de fermoso e ao tempo aterrecedor. En cinco minutiños pódeche armar un espectáculo visual. O caso é que non remate nunha catástrofe.

Choiva e maleza

Imaxe
Coas chuvieiras medra moito máis a maleza e debemos ter coidado porque a natureza sempre vai ser moito máis poderosa co ser humano... mais eu sego pensando que cando gaña terreo hai algo fermoso e poético que prevalece, non si? Hoxe, a pesar de ser domingo, ata apeteceume subir esta imaxe tan outonal.

Augas mil e sumidoiros afogados

Imaxe
Hoxe si que é un outonal día de setembro cargado de humidade. O pasado sábado ameazáronnos cun diluvio que finalmente foi algo que non diferiu moito do acostumado; e porén, nas zonas de sempre en Santiago de Compostela colapsaron os sumidoiros e presentáronse os mesmos problemas de inundacións coma se aquelo de chover fose unha cousa tan rariña por estos lares. O bon mantemento parece que se está a converter no fenómeno estraño.

Humanizar é non me veñas visitar

Imaxe
Onte tirei estas dúas imaxes que poden ser as últimas da Avenida Rosalía de Castro tal e coma a lembramos, con vehículos aparcados ámbolos dous lados.  O luns 23 de agosto comezaron as obras de humanización  que para os alcaldes coma o noso ven sendo algo así coma quitar aparcadoiro e colocar cemento a esgalla. Que si! que mellorará a paisaxe, pero coma dicía onte, todo é mellorábel e facer algo mellora sempre, pero PENSAR  tamén, e difícil non é, pero tendo concelleiros de urbanismo que coñecen desde hai tan pouco tempo a pintura amarela de obra, pois sinceramente, iso do traballo intelectual tampouco é que se lle agarde moita espectativa. O caso é que onte ademais estaba convocada unha manifestación veciñal á que por motivos persoais non cheguei a tempo de poder fotar pero si que puiden chegar a ver que  eran despedidos por unha dotación policial diría que desproporcional en comparación coa falta de perigosidade das persoas que protestaban polo xeito de facerse as obras. Porque quene

A benvida ao outono

Imaxe
Hai só uns minutiños que entrou oficialmente esa estación transicional que tanto gozamos os apaixoados á fotografía polas cores coa que nos agasalla. Unha estación á que se lle presupón unha temperatura suave, a volta da humidade e os encoros xa con algo de alegría... ah! e os cogomelos! Non esquezamos a tempada dourada dos cogomelos. Non está mal, non si? Benvido sexa o outono.

Deixar pegada

Imaxe
Sinceramente, non chego comprender a finalidade de destrozar un investimento público que che poida parecer de maior ou menor utilidade. A min os teus adhesivos parécenme feos e unha porcallada que non axudan en nada á estética do lugar. Así que se non me argumentas algo que me convenza, o único que agora penso de ti que colaboraches en tapar a sinalización da zona, é que és un vándalo. ACLARACIÓN : Na foto non sae ninguén que colocase un adhesivo, quen o colocou xa se dará por aludido.

Lecturas na Praza da Inmaculada

Imaxe
Recupero hoxe unha imaxe panorámica de hai uns anos que tirei co móbil, daquela aínda tiña o iPhone 6; ou sexa, que xa choveu abondo... pero, que máis ten? A Catedral branquexaría, pero mover, o que se di mover, non se moveu do sitio, non si? Pero non só hai un templo na foto. Hai unha persoa culta, preparada, estudada. Unha persoa que un día como a súa vida e o seu futuro esnaquizaban por un conflito. Logo de gastar os aforros todos, ser enganado, roubado, ver morrer amigos, familiares e compañeiros de traxecto. Logo de ser apresado, torturado e presenciar coma mulleres son violadas... e homes tamén... logo de superar historias que nin podemos chegar a imaxinar... chega ao país soñado das oportunidades, coñecendo varios idiomas, preparado para desenvolverse na súa disciplina técnica... ... para decatarse de que o seu título aquí non serve de nada. A supremacía occidental e branca, ese racismo que levamos gravado a lume no ADN fainos sabedores dunha superioridade intelectua

Tamén gusta que che observen

Imaxe
Os fotógrafos retratámonos a través do noso ollar mais a non ser que pares o tempo para tirar autorretratos, o cal non é nada sinxelo; en imaxes directas coleccionamos pouca cousa. Por iso sempre insisto en que cando saímos fotar con outros compañeiros que comparten paixón, debemos pensar en adicar un tempo a ser xenerosos con eles e fotarlles tanto en acción coma en detalle. Porque será sempre un xesto de xenerosidade ofrecermos entre nós esa ollada que tanto nos define. E por iso tamén hai que ser agradecidos cando alguén nos presenta imaxes coma as que Patty tirou esa xornada mentres fotaba ou me movía entre as localizacións, cousa que é moito máis representativa dun "I was here" co estridente 'tag' que ensuxa paredes recién pintadas ou cristais recién limpos. Grazas Patty, por estas fotos, por escollerme para pasarmos unha vida xuntos entre tanta xente mellor ca min. Por aturarme que non é nada doado e de

Soportais de Raxoi

Imaxe
Nótase que ultimamente non teño moito tempo de saíres fotar porque fago algún que outro redescubrimento no meu arquivo que paso ao departamento de procesado e ma deixan así de riquiña. Desta volta é unha foto tirada baixo os soportais de Raxoi hai moitos anos cun móbil, daquela (aínda que sexa un dato irrelevante, serva para animar á xente que pensa que ten un dispositivo "vello" ) un iPhone 6 . Por certo, ese teléfono vello non serve xa de gran cousa pero non penso levalo nin a un punto limpo para que outros fáganse responsábeis do meu lixo dixital. Xa sei que rematará depositándose nun "país vertedoiro"  e non o penso consentir. Todos os móbiles obsoletos quedan custodiados nunha caixa na miña propia casa.

Recuperando panos de Muxía

Imaxe
Hoxe recupero unhas panorámicas que atopei no meu arquivo tiradas cunha cámara compacta que hoxe ninguén querería usar xa que levamos cámaras nos móbiles que cumpren con esa función. Estas panorámicas foron tiradas a pulso e aquela cámara nin sequera me permitía unha saída de arquivo en negativo dixital, directamente dábame un arquivo rematado en formato JPG con poucas posibilidades de procesado. A particularidade é que xa daquela non usaba trípode, a cámara indicábame cunha superposición onde debía encadrar a seguinte imaxe e cando a tiña, obturaba. Ía obturando ata rematar a panorámica que a propia cámara cosía e entregaba totalmente rematada. Con todo, aproveitando as novas tecnoloxías e intelixencias artificiais que procesan danando o menos posíbel a imaxe, puiden dárlle unha nova vida. Iso si! onde as luces estaban queimadas podería optar por sustituír o ceo máis vai en contra da miña relixión e coma todos sabedes, son fotos que tampouco me importan demasia

Remata o verán

Imaxe
Setembro é un mes especial, seguramente odiado por moitos, posibelmente porque deixamos atrás o descanso estival ou estiramos as derradeiras semanas do verán nun clima xa máis transicional e con días moito máis curtos.  Xa son horas de volver ás rutinas, despedir do sol, da praia, das vistas ao mar e as cervexas con pinchos e chinchos... e tamén de ir tomando nota das cores da tempada que estamos xa a menos dun mes de recibir, a do outono.

Na costa vemos o que costa

Imaxe
Que pouco me gusta falar de fútbol! Pois non, non o vou facer porque non me apetece nin entendo. Só vos digo que está claro que costa moito volver ter en primeira un equipo logo de velo descender e por iso o ideal para a nosa terra é cargalo diso que lle chamades derbis e discutir, rir e chorar unha ou dúas semanas ao ano. Pero, desexar o descenso ao rival? iso é de parvos porque afecta ata á taquilla dun mesmo, pero bon, ata aquí. Un bo día atopeime esta Panteira Rosa na Coruña que non sei se ía ou viña de ver un partido. En realidade nin sei se había partido sequera. Debía de ser Entroido. Xa choveu desde aquela. Por sorte non era un deses veteráns ucraínos que viñan da anterior guerra e que formaban parte da peor banda criminal que operaba en toda España. Lembrádela? eran os Panteira Rosa precisamente. Moi perigosos e ían sempre armados con armamento militar que precisamente é imposíbel de controlar ao longo dun conflito dese tipo. Nós armámolos e logo usan

Doce mil

Imaxe
Doce mil son os quilómetros que coma mínimo me separan do lugar onde tirei esta foto. Xa pasaron anos e a saber que foi tanto da persoa coma do canciño. Tampouco é que chegara saber nunca nada sobre eles. Simplemente vin a foto no momento, con esa estrada, a cordilleira ao fondo tapada pola mesta néboa e esa pintada que anunciaba un amor a todo aquel que pasaba polo lugar. Unha imaxe que permaneceu ata hoxe esquecida pero en estado latente no meu arquivo. Que fixo que hoxe volvese a emerxer? Non foron as cores, non. Non foi a paisaxe, non. De feito nin pasei dez segundos no procesado xa que llo deleguei á propia IA do Adobe Lightroom que logo de presentarme unhas propostas acepteille a que aquí vedes. Foi pensar nese amor. Co fugaz que hoxe é iso que chamamos amor pregúntome se quen escribíu tales verbas hoxe o volvería facer. Se o nome coincidiría. Pregúntome sequera se algunha vez Pepe chegou a ser merecedor de semellante mostra pública de afecto e, por suposto, se estivo

A Santo André de Teixido...

Imaxe
... vai de morto quen non foi de vivo... Non tes falla de facer as américas para vivir a morte con alegría, neste recuncho da Galiza vívese a Morte con moita Vida. Cóntase que hai que vir varias veces ao longo da vida, se non lembro mal, un mínimo de tres.  Así e todo, a pesar de que os templos leven todo o protagonismo, non podemos obviar o cemiterio reservado só aos que viven, pacen e morren na vila.  O resto poderán percorrer os camiños tanto en forma de persoa coma de animal, pero logo deberán continualo. E ti? Vas vir en persoa ou agardas facelo coma outro tipo de ser?

Non é polo coche, é pola vítima

Imaxe
  O verán é unha época na que todos deberiamos estar máis ledos porque a meirande parte de nós pasa algún tempo de vacacións en familia, sae pasear, toma o sol, pónse moreno... mais ás veces penso que pasa factura. Algún turista non debe vir acostumado a certas temperaturas ou calidades de brisa porque tórraselle demasiado o cerebro e cando chega aquí fríxinlle as ideas. Nesta terra as cousas soluciónanse falando e non insultando nin ameazando. Cando imos ver un solpór imos a pasalo ben e non a amolar a ninguén. Imos gozar do clima, da paisaxe e da familia. Non a reventarlle o día aos demais nin a facermos o gorila nin o Conor McGregor por aí en diante que parece que vemos moito cine de acción e temos na cabeza moito Marvel de superheroes.  Unha fabulosa tarde que rematou nunha surrealista cea de idiotas Gústame moito ir por Camariñas, ademáis do seu icónico faro no Cabo Vilán, a súa mariñeira vila de máxicos encaixes sempre che recibe cos brazos ben abertos e cun galego que morres de

Saír da caverna

Imaxe
Temos que aprender para ver e sentir máis alá do que parece. Deixarse levar por fragancias e texturas, sabores e aromas.  Non só ollar cara o exterior senón tamén botar a ollada cara o interior. E sobre todo, cara aquel momento ínfimo ao que despreciaremos cun xesto de apenas dous segundos.

Intra Muros

Imaxe
Se temos na Galiza unha vila que me gusta especialmente, é Muros. Non me sorprende que o pianista James Rodhes sentira a chamada, e a un artista polifacético coma el, amante da fotografía asinada con punto vermello, non imos discutirlle o bon gusto.  E sei que seguramente xa foi descubrindo eses lugares secretos que só os magos das antigas escolas castrexas coñecen. Eses antigos magos que crearon os cimentos para nutrir escolas das que naceron figuras con varas de madeira e sombreiros longos e picudos... pero iso xa é outra historia... en fin... que aquí viña a contar a historia deste lugar. Porque en Muros tamén temos un lugar onde botar unha carreira e atravesar a parede para poder coller o ferrocarril que nos leva ao Gran Instituto de Maxia de Galiza onde dan clases o mellor persoal docente da historia do meigallo do mundo. E por suposto, non falta queimada da boa! Iso si! abstéñase o turismo de tentar o butrón que xa sabemos todes como as gastan cos coches submarinos qu

Aplausos desde o inferno

Imaxe
Desatouse o inferno e eu fun testemuña desde a Praza do Obradoiro. Non, por sorte para algúns seres dehumanizados, tratábase só de fogos artificiais.  Estos últimos anos, o Concello de Santiago decidiu fechar as festas con fogos lanzados desde distintos puntos da cidade. Para levar a contraria, a nova alcaldesa decidiu este ano volver á tradición dun único punto. Descoñezo o motivo real de tal decisión. Realmente non son partidario de lanzar fogos de artificio por todos os ceos xa que non me parece un xogo e moito menos inocente. De feito paréceme unha salvaxada primixenia digna só de quedar coma un anecdótico estudo antropolóxico. Dos norteamericanos pódomo agardar porque xa sabemos todos que o seu uso do cerebro vai como vai, tirado por plasma e streaming, pero de nós agardo algo xa de activismo serio. As imaxes anteriores poden parecer bonitas, mais a meirande parte do panorama era devastador. Fume, contaminació