Tamén gusta que che observen


Os fotógrafos retratámonos a través do noso ollar mais a non ser que pares o tempo para tirar autorretratos, o cal non é nada sinxelo; en imaxes directas coleccionamos pouca cousa.

Por iso sempre insisto en que cando saímos fotar con outros compañeiros que comparten paixón, debemos pensar en adicar un tempo a ser xenerosos con eles e fotarlles tanto en acción coma en detalle.



Porque será sempre un xesto de xenerosidade ofrecermos entre nós esa ollada que tanto nos define.



E por iso tamén hai que ser agradecidos cando alguén nos presenta imaxes coma as que Patty tirou esa xornada mentres fotaba ou me movía entre as localizacións, cousa que é moito máis representativa dun "I was here" co estridente 'tag' que ensuxa paredes recién pintadas ou cristais recién limpos.



Grazas Patty, por estas fotos, por escollerme para pasarmos unha vida xuntos entre tanta xente mellor ca min. Por aturarme que non é nada doado e de xeito tan desinteresado pois non teño nada que ofrecerche a cambio de todo o que ti me das. És o claro exemplo que cala as bocas dos paspáns racistas que falan sen coñecer a realidade e a verdade da migración neste país.

Grazas, non hai verbas que che poidan xamais agradecer abondo.

Comentarios