Lecturas na Praza da Inmaculada
Recupero hoxe unha imaxe panorámica de hai uns anos que tirei co móbil, daquela aínda tiña o iPhone 6; ou sexa, que xa choveu abondo... pero, que máis ten? A Catedral branquexaría, pero mover, o que se di mover, non se moveu do sitio, non si?
Pero non só hai un templo na foto. Hai unha persoa culta, preparada, estudada.
Unha persoa que un día como a súa vida e o seu futuro esnaquizaban por un conflito.
Logo de gastar os aforros todos, ser enganado, roubado, ver morrer amigos, familiares e compañeiros de traxecto. Logo de ser apresado, torturado e presenciar coma mulleres son violadas... e homes tamén... logo de superar historias que nin podemos chegar a imaxinar... chega ao país soñado das oportunidades, coñecendo varios idiomas, preparado para desenvolverse na súa disciplina técnica...
... para decatarse de que o seu título aquí non serve de nada.
A supremacía occidental e branca, ese racismo que levamos gravado a lume no ADN fainos sabedores dunha superioridade intelectual tal que pensámonos mellores ata no académico. Coma vai ser posíbel que un universitario africano ou sudamericano poida superar en estudos a un bachiller europeo? Iso, por moito que o negue un entrenador ou seleccionador nacional de fútbol, é racismo. España é racista, claro que si! e Europa tamén, e cada día máis. Con ideoloxías radicais anti migrantes que se están metendo na cabeza da xente traballadora. Eu xa escoito moita tontada (mais perigosa) moi preto de min.
Pensámonos donos da terra que pisamos. Só por ter nacido aquí. E coidadiño! que igual o que temos é a sorte duns dereitos dos que precisamente non amosamos ser moi merecedores.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.