Recupero hoxe unha imaxe panorámica de hai uns anos que tirei co móbil, daquela aínda tiña o iPhone 6; ou sexa, que xa choveu abondo... pero, que máis ten? A Catedral branquexaría, pero mover, o que se di mover, non se moveu do sitio, non si? Pero non só hai un templo na foto. Hai unha persoa culta, preparada, estudada. Unha persoa que un día como a súa vida e o seu futuro esnaquizaban por un conflito. Logo de gastar os aforros todos, ser enganado, roubado, ver morrer amigos, familiares e compañeiros de traxecto. Logo de ser apresado, torturado e presenciar coma mulleres son violadas... e homes tamén... logo de superar historias que nin podemos chegar a imaxinar... chega ao país soñado das oportunidades, coñecendo varios idiomas, preparado para desenvolverse na súa disciplina técnica... ... para decatarse de que o seu título aquí non serve de nada. A supremacía occidental e branca, ese racismo que levamos gravado a lume no ADN fainos sabedores dunha superioridade intelectua