Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2024

Volver a ser crianzas

Imaxe
  No seu día estas meniñas xogaban con cañóns e decateime de que a sombra proxectada contra as paredes asemellaba un xigante. Oxalá os cañóns non se usaran xamais para outra cousa que xogar e imaxinar contos de fadas. Gustaríame que de armas non soubéramos máis que daquelas que quedaron nos museos gardadas de tempos pasados; inutilizadas, fóra de servizo. Oxalá, os inimigos fosen sempre imaxinarios e  non o produto da envexa e da ambición territorial humana... ... Oxalá poidéramos volver a ser crianzas e o noso pensamento se tornase algo máis naif... estamos a perder a inocencia... Anímaste a recuperala? Bon... pois toca volver recuperar esta foto de hai xa ben de anos e que usei nunha análise persoal sobre a lexislación española aplicada á fotografía urbana , pero que desta volta traiocha para comentar un tema que hoxe amólame moito e penso prolifera de máis, tanto na poboación civil coma nalgúns políticos. "Non sobra a inmigración, o que sobran son os intolerantes españois e moi

Confundir a dereita ca esquerda

Imaxe
Non sei ti, pero eu moitas veces confundo a esquerda ca dereita e viceversa. De feito, pódoche estar guiando cara a dereita ao tempo que sinalo cara a esquerda. En min é normal. Outros pasan de ideoloxías populistas da extrema esquerda ás da ultra dereita sen inmutarse. E iso penso que xa moi normal non é. Confundir un ultra con ideas económicas utópicas con ultras que non respectan os dereitos humanos paréceme un erro tan consciente que só o podo interpretar coma ir cara onde tira o vento e segundo interesa en cada momento para estar xunto dos gañadores... pero non, non vai gañar o rancio vulnerador de dereitos.

Vivir en comunidade

Imaxe
As bitonais son se callar o límite do meu retoque dixital aceptábel dentro da miña ética. Tendo a procurar expoñer en días grises ou moi claros pero sempre cunha luz que me permita contrastar ben as siluetas. Só un destes michos é real. O que podemos dicir que rompe un pouco a bitonalidade extrema na contorna, cunha maior gama de grises. Con todo, esta bidimensionalidade que presentan as bitonais extremas tamén a rompe grazas a esa ambigüidade, amosando certa profundidade e deixándonos separalo do fondo para recoñecelo coma o suxeito en primeiro plano . Pois o micho en primeiro plano é o único real. Os outros dous son siluetas desas que se pegan nos cristais das fiestras. De feito aparecen algo desgastadas, cousa que cun retoque dixital podería ter correxido con facilidade e conseguir unha trampullada máis efectiva. Pero non era a miña intención que o espectador dubidara na irrealidade dos dous michiños que pasan por diante do meu benquerido Fado . Todos precisamos vivir en

Ao carallo con Altri!

Imaxe
O cambio climático é un feito e a auga non é un ben privado nin infinito, máis ben todo o contrario. Debemos respectala e non desperdiciala.  O consumismo da nosa sociedade capitalista impide que unha persoa poida repetir ano tras ano a mesma roupa ata que non serve para máis. O caso é mercar e mercar; se pode ser barato, mellor porque aumenta o grupo se clientes aos que se chega. Porén, o prezo medioambiental para soster ese sistema de libre comercio e consumismo extremo é tan alto coma inasumíbel. Se o noso magnífico goberno dunha roda permite finalmente que a fábrica portuguesa ocupe as nosas terras, pasaremos a un nivel superior de contaminación de augas e chan. Lin algunha vez que a expresión " vaite ao carallo " foi usada para castigar aos mariñeiros das carabelas subíndoos aos mástis con canastos de vixiancia. Supoño que un castigo supremo para alguén mareadizo e con vertixe. Hoxe usamos a frase con outra finalidade que penso casa moi ben nesta publicación.

A crucifixión

Imaxe
Había ben de tempo que non escoitaba tanta tontada xunta desde organismos oficiais dos distintos gobernos. Unha das últimas veu da Venezuela onde o seu presidente dixo sen chegar sequera a ruborizarse que Xesús Cristo foi crucificado polos españois; en realidade, polos imperialistas españois, por iso de ser máis concretos e exactos na transcrición da cita. Pero a ver, Nicolás Maduro! Onde che contaron tal cousa, paspán? Porque síntoo se alguén se me ofende, pero hai que ser moi paspán para soltar semellante burrada.