A lexislación española aplicada á fotografía urbana
Debemos coñecer a lei para poder fotografar con tranquilidade. Un dos nosos medos cando saímos á rúa a captar intres que implican a xente que non coñecemos e que nos poidan parecer máis ou menos íntimos, é entender se podemos estar a infrinxir algunha lei. "Son coma un vaqueiro cunha bala e non cunha ametralladora na procura dese instante decisivo." (Fan Ho) Esta frase non represente aquelo que eu mesmo sinto, porque entenco que non somos un perigo e non imos nin con balas nin con pistolas e; moito menos, ametralladoras. Porén, paréceme ideal comezar así esta publicación porque pode ser dese modo tan ameazador coma nos vexan e interpreten cando os nosos lentes parezan estar apuntando a un suxeito. Con todo, penso que Fan Ho non pretende ir por ese lado ca súa cita, senón a fotografar pausada e controladamente, co que eu si que estou totalmente identificado, a miña cámara apenas sabe o que é unha ráfaga a pesares de ser un modelo deseñado para a acción. Que é o que nos di a