Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

A voltas co can

Imaxe
Hai que estar moi atento co que acontece ao teu redor. As cores poden ser as protagonistas da historia. Facelos casar xa é cousa da sorte e da agudeza visual do fotógrafo. Con todo, así que te afás a compoñer coas cores, elas fálanche, chaman por ti. Algo no cadro convidábame a fotar. A sorte aliouse co mundo agasallándome esas coincidencias tan fermosas, pero ese toque humanístico que confire pasear ao can... can? que can? Por se non o sabiades, existen ferramentas de IA xenerativas que saen de balde) que poderían colocar ambas personaxes xustiño baixo os focos das farolas. Pero tanto o meu xeito de traballar coma a miña ética persoal, impediríame facelo sen avisar do uso da IA e retirándome dese xeito a autoría da foto. Aquí está todo e tal cal estaba no intre no que a cámara o recolleu, as cores tamén. Non existe retoque dixital pois eu tiro foto directa.

Abiss

Imaxe
Gústame ler fotografía porque atópome con moitas capas de lectura. Porque hai imaxes escritas con varias capas que só coa aprendizaxe vas ir comprendendo. Esta escena encantoume polo misterioso xesto do ciclista. Que estará a buscar? Caíuselle algo? Nunca o saberemos pero o espectador pode deixar voar a imaxinación. Pero xa non tan evidentes son outras capas, coma as cores. Esta foto, como é costume en min, contén as cores que a cámara recolleu da escena. Outros autores trocan localmente con software de retoque dixital as cores para encaixalas mellor na escena (o cal non está mal feito, é unha decisión particular). Mais eu prefiro atopalas, por iso non obturo de máis por fotar en dixital. Se troco este proceso, seguro que volvo con milleiros de fotos cada día. O caso é que esta escena chamoume pola armonía tristeira e case monocromática da escena onde as personaxes casan coa contorna cunhas cores que ademais acentúan a sensación de misterio. 

Desarquitectando

Imaxe
Non hai que confundir a fotografía de arquitectura coa fotografía con arquitectura. Eu, por suposto, nunca fago fotografía de arquitectura porque non teño nin idea de que vai a cousa esa. Pero si que recoñezo que algunhas arquitecturas chámanme moito a atención.  Paseando polo Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez (A Coruña) din con este edificio e esta perspectiva non sei que ten pero algo me tivo... fotei e seguín o camiñar que había que ir indo. Seguramente o arquitecto botará as mans á cabeza se ve esta foto, pero a min foi o que me gustou da súa obra.

O partido vai comezar

Imaxe
Estamos a preparar o partido gaivoto que logo dará comezo. Convidámosvos a todes a gozar do deporte rei na súa máxima categoría e lembramos que traer cans ao estadio pode provocar altercados cos xogadores.  En vistas dos últimos acontecementos onde quedou mancado o dianteiro Seagull McFly, vímonos na obriga de prohibirlles a entrada ao recinto. Sentímolo moito e agardamos poidades comprendelo.

A máquina de raios

Imaxe
Preguntámonos todes eis composteláns que ven sendo esa máquina que montaron en Santa Susana... pois ben... logo de varios días de investigación podo asegurar que Galiza dispón antes que os británicos dunha arma de defensa antiaérea que se ben non parece tecnoloxía laser, si que funciona lanzando algún tipo de ráios ao espazo aéreo. E ademais diso, entroutras cousas máis, a nosa máquina (moito antes cos inventos dos chineses) é unha sementadora de chuvias; si, é a que fai que en Santiago chova (e non pouco) para facer Arte das nosas rúas e de paso limpar as mexadas das noites estudantís. Nestoutra imaxe podemos observar coma é que carga de enerxía. Por certo; e só coma aclaración. Ultimamente estiven a xogar un chisquiño ca creación de imaxes con axuda da Intelixencia Artificial. Pero isto non leva nada diso, nin sequera é retoque dixital. Ambas fotos foron tiradas coa cámara e sen trípode. A primeira é unha imaxe de longa exposición de dous segundos e na segunda

Arame de espino no SERGAS

Imaxe
  A Sanidade Pública é o servizo máis importante dun sistema de benestar. A calidade de vida, e nótase na media de idade da poboación, ven ditada pola saúde dos individuos. Nas derradeiras décadas, o noso sistema sanitario foi vulnerado con saña e cada ano perdemos servizos dun xeito tan notábel coma paradoxal. Resúltame totalmente incomprensíbel o feito de pagar cirurxías e probas diagnósticas a centros privados co custo que deben ter e que igual a nivel individual pode parecer que ven sendo menor que renovar o equipamento e aumentar o persoal dos hospitais públicos, pero se sumamos o gasto de todos os pacientes derivados, penso que é todo o contrario con creces. Igual as amizades dos políticos non enchían o peto, pero os cidadáns gañariamos en servizos. Os EUA adoitan poñerse coma exemplo cando falamos do cambio dun sistema sanitario público a privado. O que recauda a Seguridade Social no noso país en ningún caso paga un seguro privado completo e teñamos en conta que nin sequera no &

Virxe do Portal

Imaxe
Compostela atrae ao turismo pola súa Catedral, pero ao ser unha urbe tradicionalmente ligada á relixiosidade cristiá, atopamos templos dignos de admirar por calquera rúa que decidamos pasear. Un exemplo é este Santuario da Virxe do Portal que atoparemos paseando pola rúa de Belvís, xustiño ao carón do convento. Non cho quero amosar aquí, para convidarte a descubrilo por ti mesmo e non te quedes só na Praza do Obradoiro; pero ten unha entradiña e un patio moi, pero que moi chuliño. Con todo, tamén che digo que esas cousas non son as que me atraen máis fotograficamente (isto non é unha guía turística). A min gústanme máis esas liñas, contornas, xeometrías, etc.

O ovo do indulto

Imaxe
  Calquera afección precisa de retroalimentación. Non se trata de facer fotos a esgalla para chegar a esa cantidade das dez ou trinta mil primeiras fotos para poder xa pensar que estás a fotar correctamente. Trátase de divertirse, de que a interiorización e a práctica contínua dunha acción fai que o corpo che pida seguir e cada vez máis. Por iso, unha das mellores recomendacións que se pode facer a calquera afeccionado á fotografía é fotar sempre que se atope con algo que lle chame a atención. Aínda que lle pareza que carece de relevancia, dá igual se fotográfica ou documentalmente falando. Neste caso, logo de mercar unha caixa de ovos, decateime de que un viña acompañado dunha pruma pegada e cando o collín para limpalo, descubrín unha mancha que no momento evocoume a unha marca nunha faciana. O resto veu dado.  Pinteille un rostro e coloqueino sobre un soporte que desde unha perspectiva frontal asemellaban un par de pés. Coloqueino nun estudo improvisado con planchas brancas e fotei.

Medio século de xaquecas

Imaxe
Imaxe creada coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile Antes de comezar, aclarar que non son médico nin nada polo estilo... simplemente son un doente tratando de explicar coma é que se sinte cando lle din que "unha dor de cabeza non é para tanto". A xaqueca é unha das doenzas que máis absentismo laboral causa na meirande parte do mundo occidental. Non se sabe que é o que a produce nin tampouco se coñece apenas acerca dela. Pero a pesar delo, os avances en medicina axudan aos pacientes a tratar de levar unha vida máis ou menos normal. Sempre denostada, a pesares do elevado número de doentes que temos arredor padecéndoa, o resto da xente non chega a comprender o nivel de dor que pode chegar a alcanzar nin o incapacitante que pode ser. Por iso, sen ser ningunha enfermidade das denominadas raras, senón que máis ben é bastante frecuente, é unha das máis incomprendidas. Mesmo hai nada, vendo a película de animación "Mars Express" (Jérémie Périn, 2023) falaban de  "

Os pobos esquecidos

Imaxe
Ilustración creada mediante a IA de Adobe Photoshop Mobile. Con tanta distracción bélica mediática, esquecémonos doutros lugares que tamén temos preto e que son importantes dentro da nosa xeopolítica particular. Un deses lugares é o Sáhara Occidental onde está a ferver cada día máis o sangue dos expulsados e recluídos en campos asediados por Marrocos. Un lugar que recentemente, abandonamos á súa sorte en parte debido ás presións políticas que proveñen dos EUA (os de sempre, coma non pode ser doutro xeito). Esa xente está decidida a liberarse polas armas se é preciso; e de feito, a guerra cos marroquís, xa está montada. No que eu quixera facer reflexión (por mor desa semellanza que non podo obviar) é no seguinte: logo de tanta represión e a pesar de que non todos os refuxiados saharauis queren participar nas accións do Frente Polisario... que fará Marrocos co beneplácito do mundo occidental se as bandas armadas asediadas deciden asasinar a centos ou milleiros de cidadáns do

Lixo cultural

Imaxe
Atopei este feixe de libros agardando a que pasara o camión do lixo para trituralos xunto co resto de desperdicios. Pareceume significativo e moi representativo dos tempos actuais. Xa non lemos e; de feito, non somos capaces de pensar sequera onde e como podemos aproveitar os libros máis ou menos vellos se por algún motivo non queremos mantelos na nosa casa. Tratámolos coma lixo. Ao ter un dispositivo que pense por nós, delegamos os coñecementos á Wikipedia mailas Redes Sociais e xa nin que buscar hai... para iso preguntamos ao ChatGPT. Isto é o soño húmido dos rexímenes que gustan de manipular ao pobo pois pensar é o que os pón en perigo. Adícanse a exterminar o sentido crítico. Estámolo a vivir nestos últimos anos onde as manipulacións informativas fixeron medrar de xeito exponencial e metermos en vea os absurdos e perigosos pensamentos das extremas dereitas.

As Letras de Luisa Villalta

Imaxe
Hoxe saímos ás rúas a declarar o noso dereito a un idioma propio, a defender a nosa fala coma patrimonio cultural e, a pasalo ben xuntos e festexando o día do pilar da nosa cultura. En Compostela, a chuvia fixo acto de presenza dun xeito intermitente, pero iso non impedíu que a marcha continuase con alegría, música e sen conflitos. No final do traxecto que ía desde a Alameda ata a Quintana, agardaba a actriz Isabel Risco para dirixir un acto rematado coa música da banda Dakidarria. O que persoalmente penso é que primou o interese dos negocios de hostalería ante a cultura, pois o escenario estaba situado no peor sitio onde se podería ter colocado por sonoridade, na histórica escalinata, en lugar de pousarse na praza onde mandou unha terraza de mesas baleiras e molladas pola chuvia. Non sabería dicir canta xente se sumou pero estou seguro que moita máis do que a Xunta de Galicia destas décadas quixera. Lembro que de mozo, xa semanas antes traballábamos e estudábam

O Lampai máis boreal

Imaxe
Comezamos a fin de semana pasada cos ceos nocturnos adobiados por cores que non adoitamos ollar nas nosas latitudes. Sendas tormentas solares de magnitudes G5 e G4 respectivamente, deixaron ver auroras boreais a latitudes máis baixas do acostumado. Había alo menos dúas décadas que isto non acontecía e este nivel. As auroras boreais son tormentas electromagnéticas que ademais de fermosas producen tamén varios danos, coma varios apagóns arredor das cinco da madrugada do sábado, deixando tamén algunha ca outra avaría informática... perigosa beleza natural! Pero non nos enganemos. Moitas das imaxes cas que nos bombardearon foron máis falsas ca feitas de encarga, coma ésta que compartín o martes en redes sociais, feita en cuestión de segundos coa IA xenerativa de Adobe Photoshop Mobile . Moitas publicacións de viaxes e científicas; de gran tirada, recoñecemento e prestixio mundial, están a publicar nas súas páxinas imaxes que os fotógrafos  argallan desde o seu propio fogar, tel

Financiando a Israel

Imaxe
O que ves é unha dobre exposición dunha bóla de discoteca coa bandeira de Palestina. Unha imaxe manchada de sangue inocente, de corpos esmagados e descortizados de crianzas atrapadas entre os cascallos resultantes da destrución polas bombas que tamén nós mercamos para uso do exército israelí. Esta semana asistiremos ao concurso televisivo Eurovisión que foi creado para tentar paliar certas disputas entre países logo dos desastres vividos na II Guerra Mundial, coa intención de evitar unha terceira. Preguntámonos porqué Israe non é vetado e outros países si. A resposta é ben sinxela: os cartos. Israel está tras moita da inversión (sobre todo a través da empresa que xestiona a publicidade do evento, de nacionalidade israelí), así que podémonos definitivamente esquecer de que vaia ser vetada pola organización. Pero non escandalicemos! Na nosa vida cotiá tamén financiamos ao exército israelí, e un dos xeitos de sancionar a modo persoal a Israel é tan sinxelo coma boicotealos ata

Ascensión 2024

Imaxe
Resolvendo o reto de onte (sinxelo, penso).  Para comezar destacar esta primeira imaxe porque na esquina inferior dereita, un conxunto de placas numeradas, xunto coa sombra que forma o rastro dunha persoa pasando, forma un saúdo inicial que convídame a metela coma portada da serie. Tratase dun 'hi' en lingua inglesa que ademais é a empregada na presentación da noria xigante ('giant wheel') . Coma dicía na proposta do reto, tratei este tipo de fotografía dun xeito que para moitos será pouco respectuoso, sen trípode, sen adicarlle tempo e sen procesado. Pero é así como sinto este tipo de imaxes. Sinceramente, son tomas que parécenme só bonitas, sen nada máis. Non merecen esmedrellarme demasiado na súa consecución. Meras fotografías que dirían nos xulgados. Desta volta, polo menos adiqueille uns segundiños máis ao procesado ao ter que correxir a exposición logo de pasarlle no Lightroom Mobile o meu propio preset . Ollo! non digo un desca

Día Rexional da Noria de Santiago

Imaxe
Hoxe súmome á chuvia de fotos da noria das festas da Ascensión e deixovos un reto de agudeza visual. Nesre conxunto de imaxes, algunhas foron tomadas cunha cámara fotográfica e outras cun teléfono móbil. Para igualar as condicións, direiche que en ningún caso se usou trípode e que as fotos da cámara son tamén directas. Os JPG tanto do móbil coma da cámara foron simplemente pasados pola app de Fotos de Google e usouse o automatismo " mellorar " para procesalas dun xeito automático e así sacarllea algo máis de sombras ca ferramenta que usa un pouco de HDR mediante IA. Procurei con elo, dárlles un aspecto máis semellante entre elas e dificultar un chisco o exercizo. Saberías indicar cales non foron quitadas cun teléfono móbil?

Intres de Paz e Amor

Imaxe
Por intres coma este, no que logo dunha xornada de traballo intensiva, tras varios días, canso e con bastante sono acumulado por mor do insomnio; paga a pena convivir con criaturas coma Fado. Esa ollada de complicidade mentres estamos tumbados na mesma cama, el entre as miñas pernas, separándonos tan so un edredón estampado de ondas en diversas tonalidades de azul, que se me asemellaron á mar. Din que ese xesto de tumbarse canda nós, aos nosos pés, é unha mostra das súas ansias de protexermos de calquera ameaza. Non sabe que a única ameaza que eu sinto cando comparto un tempiño con el é a de que poida un día despistarme e xunto co seu instinto de micho poña en risco a súa vida ou a nosa separación.

A odisea de aparcar no CHUS

Imaxe
Éche ben certo que temos falla de espazo de aparcadoiro público no CHUS. Tanto costa aparcar que con tal de facelo deixámolo ata colgando das...  ...rodas, ho! das rodas!

Primeiro de maio

Imaxe
A manifestación organizada polos sindicatos de traballadores e que percorreu as rúas de Santiago de Compostela, no marco do 1 de maio, transcorreou con total tranquilidade, participando xentes de tódalas idades dun xeito alegre e respectuoso. Pero na protesta criticáronse, ademais das precariedades laborais, outras cuestións importantes de actualidade ás que non debemos deixar de prestar atención. Moi presente estivo o tema da igualdade en canto a condicións laborais, onde no noso país seguimos con importantes diferencias tanto salariais coma de dereitos entre traballadoras femininas fronte aos seus homólogos masculinos. Pero a nosa sociedade é tan inmadura aínda que continuamos clasificando a sexualidade do mundo entre homes e mulleres. Desque a vida existe, a diversidade sexual quedou patente en todo o planeta, polo que é o natural. Se o machismo retrógrado impera no mundo laboral, saírse do heterosexual implica ademais o risco de terríbeis abusos e acosos, se