Intres de Paz e Amor


Por intres coma este, no que logo dunha xornada de traballo intensiva, tras varios días, canso e con bastante sono acumulado por mor do insomnio; paga a pena convivir con criaturas coma Fado.

Esa ollada de complicidade mentres estamos tumbados na mesma cama, el entre as miñas pernas, separándonos tan so un edredón estampado de ondas en diversas tonalidades de azul, que se me asemellaron á mar.

Din que ese xesto de tumbarse canda nós, aos nosos pés, é unha mostra das súas ansias de protexermos de calquera ameaza.

Non sabe que a única ameaza que eu sinto cando comparto un tempiño con el é a de que poida un día despistarme e xunto co seu instinto de micho poña en risco a súa vida ou a nosa separación.

Comentarios