Os pobos esquecidos

Ilustración creada mediante a IA de Adobe Photoshop Mobile.


Con tanta distracción bélica mediática, esquecémonos doutros lugares que tamén temos preto e que son importantes dentro da nosa xeopolítica particular.

Un deses lugares é o Sáhara Occidental onde está a ferver cada día máis o sangue dos expulsados e recluídos en campos asediados por Marrocos. Un lugar que recentemente, abandonamos á súa sorte en parte debido ás presións políticas que proveñen dos EUA (os de sempre, coma non pode ser doutro xeito).

Esa xente está decidida a liberarse polas armas se é preciso; e de feito, a guerra cos marroquís, xa está montada.

No que eu quixera facer reflexión (por mor desa semellanza que non podo obviar) é no seguinte: logo de tanta represión e a pesar de que non todos os refuxiados saharauis queren participar nas accións do Frente Polisario... que fará Marrocos co beneplácito do mundo occidental se as bandas armadas asediadas deciden asasinar a centos ou milleiros de cidadáns do que eles entenden coma ocupantes opresores? Se isto acontece, posibelmente cheguemos a esquecer o xenocidio que está a acometer Israel e abandonemos definitivamente ao pobo gazatí, condenándoo a desaparecer definitivamente. 

Vivimos nun mundo onde unha guerra tapa a outra e; desgrazadamente, estamos ante oa tempos máis belicistas das derradeiras décadas.

Non aprendemos nada!!!

Comentarios