Desarquitectando

Non hai que confundir a fotografía de arquitectura coa fotografía con arquitectura.

Eu, por suposto, nunca fago fotografía de arquitectura porque non teño nin idea de que vai a cousa esa. Pero si que recoñezo que algunhas arquitecturas chámanme moito a atención. 

Paseando polo Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez (A Coruña) din con este edificio e esta perspectiva non sei que ten pero algo me tivo... fotei e seguín o camiñar que había que ir indo.

Seguramente o arquitecto botará as mans á cabeza se ve esta foto, pero a min foi o que me gustou da súa obra.

Comentarios