As Letras de Luisa Villalta
Hoxe saímos ás rúas a declarar o noso dereito a un idioma propio, a defender a nosa fala coma patrimonio cultural e, a pasalo ben xuntos e festexando o día do pilar da nosa cultura.
En Compostela, a chuvia fixo acto de presenza dun xeito intermitente, pero iso non impedíu que a marcha continuase con alegría, música e sen conflitos.
No final do traxecto que ía desde a Alameda ata a Quintana, agardaba a actriz Isabel Risco para dirixir un acto rematado coa música da banda Dakidarria. O que persoalmente penso é que primou o interese dos negocios de hostalería ante a cultura, pois o escenario estaba situado no peor sitio onde se podería ter colocado por sonoridade, na histórica escalinata, en lugar de pousarse na praza onde mandou unha terraza de mesas baleiras e molladas pola chuvia.
Non sabería dicir canta xente se sumou pero estou seguro que moita máis do que a Xunta de Galicia destas décadas quixera.
Lembro que de mozo, xa semanas antes traballábamos e estudábamos sobre a vida e obra dos e das (aínda que elas poucas había e seguen sendo insuficientes) homenaxeadas. Do que non teño dúbida é de que todes sabiamos ben de quen se trataba.
Este ano, a homenaxeada foi Luisa Villalta e coido que pouco falaron dela en colexios e institutos.
Falta respecto por parte das políticas lingüísticas cara un idioma que de ser dos máis prolíferos no canto a publicacións, pasou a ser dos máis esquecidos ata cando se tiña regulamentado. As plataformas que ofrecen contido baixo demanda comprometéranse a emitir unha porcentaxe delo en lingua galega e parecía que o ano pasado algunha (unha entre todas as que hai) poñía de si un chisquiño. Este 2024 non temos a opción de ver en galego nin sequera as series ou películas de produción propia. A plataforma que o ano pasado atreveuse a lanzar series e películas internacionais de gran acollida, este ano aínda non lanzou a primeira e xa estamos polo ecuador do mesmo.
En lugar de avanzar, retrocedemos!
O vindeiro ano, agardo que te sumes. Porque non, o idioma galego non é nin dos políticos (nin dos nacionalistas, nin dos independentistas, nin dos da dereita, nin dos da esquerda, etc.).
A língua galega é nosa... é túa... é miña... é das nosas crianzas!
Queremos galego!!!
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.