Virxe do Portal


Compostela atrae ao turismo pola súa Catedral, pero ao ser unha urbe tradicionalmente ligada á relixiosidade cristiá, atopamos templos dignos de admirar por calquera rúa que decidamos pasear.

Un exemplo é este Santuario da Virxe do Portal que atoparemos paseando pola rúa de Belvís, xustiño ao carón do convento.

Non cho quero amosar aquí, para convidarte a descubrilo por ti mesmo e non te quedes só na Praza do Obradoiro; pero ten unha entradiña e un patio moi, pero que moi chuliño.

Con todo, tamén che digo que esas cousas non son as que me atraen máis fotograficamente (isto non é unha guía turística). A min gústanme máis esas liñas, contornas, xeometrías, etc.

Comentarios