Financiando a Israel

O que ves é unha dobre exposición dunha bóla de discoteca coa bandeira de Palestina. Unha imaxe manchada de sangue inocente, de corpos esmagados e descortizados de crianzas atrapadas entre os cascallos resultantes da destrución polas bombas que tamén nós mercamos para uso do exército israelí.

Esta semana asistiremos ao concurso televisivo Eurovisión que foi creado para tentar paliar certas disputas entre países logo dos desastres vividos na II Guerra Mundial, coa intención de evitar unha terceira.

Preguntámonos porqué Israe non é vetado e outros países si. A resposta é ben sinxela: os cartos. Israel está tras moita da inversión (sobre todo a través da empresa que xestiona a publicidade do evento, de nacionalidade israelí), así que podémonos definitivamente esquecer de que vaia ser vetada pola organización.

Pero non escandalicemos! Na nosa vida cotiá tamén financiamos ao exército israelí, e un dos xeitos de sancionar a modo persoal a Israel é tan sinxelo coma boicotealos ata que deixen de facer inversións tanto militares coma coloniais. Bancos coma o Santander e empresas coma HP, Carrefour, Siemens, Puma... entroutras, son entidades ás que podemos deixarlle unha mensaxe para que presionen a Israel buscando un alto o fogo.

Comentarios