Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2022

Conversa sobre formación con Gonzalo Lozano

Imaxe
  Unha amena conversa sobre as opcións de formación online que ofréceselle aos fotógrafos afeccionados que están a comezar.   Prégoche que antes de dárlle ao 'plei' primeiro leas o que teño que contarche e que deas prioridade en ver o Podcast na propia web do entrevistador antes de facelo desde aquí. Non é máis que un xeito de amosarlle o teu respecto a un creador de contido. Graciñas. Gonzalo Lozano máis eu mantivemos unha conversa sobre a formación que atopamos os fotógrafos afeccionados cando comezamos as nosas investigacións de xeuto autodidacta. Gonzalo é un fotógrafo afeccionado (afeccionado porque non vive da fotografía e non polos seus coñecementos, cualidades nin capacidades) de León que ten un podcast chamado Fotógrafo Aprendiz (aínda que iso de aprendiz a el xa lle queda tamén moi atrás) no que ademais de falar sobre a súas propias experiencias e amosarmos como é que investiga e evoluciona no mundo da Fotografía, tamén preséntanos magníficas entrevistas a fotógrafa