Conversa sobre formación con Gonzalo Lozano


 

Unha amena conversa sobre as opcións de formación online que ofréceselle aos fotógrafos afeccionados que están a comezar.

 


Prégoche que antes de dárlle ao 'plei' primeiro leas o que teño que contarche e que deas prioridade en ver o Podcast na propia web do entrevistador antes de facelo desde aquí. Non é máis que un xeito de amosarlle o teu respecto a un creador de contido. Graciñas.

Gonzalo Lozano máis eu mantivemos unha conversa sobre a formación que atopamos os fotógrafos afeccionados cando comezamos as nosas investigacións de xeuto autodidacta.

Gonzalo é un fotógrafo afeccionado (afeccionado porque non vive da fotografía e non polos seus coñecementos, cualidades nin capacidades) de León que ten un podcast chamado Fotógrafo Aprendiz (aínda que iso de aprendiz a el xa lle queda tamén moi atrás) no que ademais de falar sobre a súas propias experiencias e amosarmos como é que investiga e evoluciona no mundo da Fotografía, tamén preséntanos magníficas entrevistas a fotógrafas e fotógrafos non menos maravillosos.

É por elo que para min non foi só un pracer, senón tamén todo un honor que tivese contado comigo para falar de calquera tema que tivese considerado.

Así que non podo facer outra cousa máis ca recomendar o seu Podcast e que entredes a través da súa propia páxina e, se podedes, convidédelo a un café a través do botón de apoio que atoparedes na mesma páxina.

Comentarios