A Santo André de Teixido...
... vai de morto quen non foi de vivo... Non tes falla de facer as américas para vivir a morte con alegría, neste recuncho da Galiza vívese a Morte con moita Vida. Cóntase que hai que vir varias veces ao longo da vida, se non lembro mal, un mínimo de tres. Así e todo, a pesar de que os templos leven todo o protagonismo, non podemos obviar o cemiterio reservado só aos que viven, pacen e morren na vila. O resto poderán percorrer os camiños tanto en forma de persoa coma de animal, pero logo deberán continualo. E ti? Vas vir en persoa ou agardas facelo coma outro tipo de ser?