O camiño infinito de Andoni Moreta
Andoni Moreta Andoni Moreta Hernández, un profesor éuscaro cuxa experiencia vital ligouno ao Camiño de Santiago... que pasou a ser, o seu Camiño de Vida. Un encontro casual... ou non tanto O día que coñecín a Andoni foi, coma non podía ser doutro xeito, un día de fotar. A miña cabeza estaba centrada nunha fotografía que levaba maquinando desde había unhas semanas, desas fotos que fas coa mente desde o coche. Ese día estaba máis ou menos a un quilómetro do lugar e a pesares de que quedábame algo a desmán (tiña que recoller a unha persoa unha hora máis tarde), aproveitei a oportunidade. Nesta afección sabemos que hai que aproveitar cando está para un ou pode que na seguinte visita xa non haxa foto. Ademais, deuse a casualidade de que ese día fixen algo que non é acostumado en min: escoitaba música a través dos auriculares do teléfono móbil. Cando estaba chegando á localización da foto, tiven a impresión de que un home estaba a chamar por min sentado nun banco público, pero de primeiras