Día Rexional da Noria de Santiago

Hoxe súmome á chuvia de fotos da noria das festas da Ascensión e deixovos un reto de agudeza visual.

Nesre conxunto de imaxes, algunhas foron tomadas cunha cámara fotográfica e outras cun teléfono móbil. Para igualar as condicións, direiche que en ningún caso se usou trípode e que as fotos da cámara son tamén directas. Os JPG tanto do móbil coma da cámara foron simplemente pasados pola app de Fotos de Google e usouse o automatismo "mellorar" para procesalas dun xeito automático e así sacarllea algo máis de sombras ca ferramenta que usa un pouco de HDR mediante IA. Procurei con elo, dárlles un aspecto máis semellante entre elas e dificultar un chisco o exercizo.

Saberías indicar cales non foron quitadas cun teléfono móbil?

Comentarios