Ascensión 2024


Resolvendo o reto de onte (sinxelo, penso). 

Para comezar destacar esta primeira imaxe porque na esquina inferior dereita, un conxunto de placas numeradas, xunto coa sombra que forma o rastro dunha persoa pasando, forma un saúdo inicial que convídame a metela coma portada da serie. Tratase dun 'hi' en lingua inglesa que ademais é a empregada na presentación da noria xigante ('giant wheel').

Coma dicía na proposta do reto, tratei este tipo de fotografía dun xeito que para moitos será pouco respectuoso, sen trípode, sen adicarlle tempo e sen procesado. Pero é así como sinto este tipo de imaxes. Sinceramente, son tomas que parécenme só bonitas, sen nada máis. Non merecen esmedrellarme demasiado na súa consecución. Meras fotografías que dirían nos xulgados.

Desta volta, polo menos adiqueille uns segundiños máis ao procesado ao ter que correxir a exposición logo de pasarlle no Lightroom Mobile o meu propio preset. Ollo! non digo un descargado, mercado, ou filtro de ningún tipo. Trátase dun preset feito por min mesmo cos axustes (puristas) cos que proceso as miñas fotos. Están de feito traballadas en conxunto, non existe nestas imaxes nin retoques zonais nin gradazón da cor.

Agora só tes que atopar na túa selección as que descartaches coma feitas con móbil e ver se algunha está entre as desta publicación.

Comentarios