Primeiro de maio
A manifestación organizada polos sindicatos de traballadores e que percorreu as rúas de Santiago de Compostela, no marco do 1 de maio, transcorreou con total tranquilidade, participando xentes de tódalas idades dun xeito alegre e respectuoso.
Pero na protesta criticáronse, ademais das precariedades laborais, outras cuestións importantes de actualidade ás que non debemos deixar de prestar atención.
Moi presente estivo o tema da igualdade en canto a condicións laborais, onde no noso país seguimos con importantes diferencias tanto salariais coma de dereitos entre traballadoras femininas fronte aos seus homólogos masculinos.
Pero a nosa sociedade é tan inmadura aínda que continuamos clasificando a sexualidade do mundo entre homes e mulleres. Desque a vida existe, a diversidade sexual quedou patente en todo o planeta, polo que é o natural. Se o machismo retrógrado impera no mundo laboral, saírse do heterosexual implica ademais o risco de terríbeis abusos e acosos, sesgos e marxinacións. Madurar neste senso é totalmente imperativo pra poder mellorar no só os dereitos des traballadores, senón tamén des humanes.
Outra reivindicación que quixera salientar na manifestación deste primeiro de maio é o apoio explícito que os sindicatos galegos manifestaban cara o pobo palestino.
É absolutamente necesario que os países occidentais recoñezan a Palestina coma pobo soberán e España non debe dar nin un paso atrás nese camiño.
Non existe a menor dúbida de que o que Israel está a acometer na franxa de Gaza é un xenocidio. Están literalmente exterminando unha poboación baixo o amparo e beneplácito do mundo occidental, argumentando unha lexítima defensa.
Non se pode, por moito que digan os israelís, sinalar unha persoa coma terrorista simplemente por pertenza identitaria cara un pobo.
O que fan desde Israel, non sería distinto ó que tivese sido se o Goberno de España tivera ordeado o exterminio da Euskadi e de tódolos seus habitantes nos tempos do activismo armado da banda terrorista ETA. O grupo antiterrorista GAL tiveran daquela xa protagonizado un conxunto de actuacións totalmente inxustificabeis, canto máis será iso que se fai na franxa de Gaza.
Cando os estudantes norteamericanos comezan espertar e érguense contra un xenocidio de tal envergadura, debería dárlle pistas do que alí está a acontecer incluso á persa máis ignorante e despreocupada pola xeopolítica internacional.
Ninguén xustifica ningún atentado terrorista, sexa cal sexa o número de vítimas. Calquera atentado terrorista é un acto infame, covarde e calquera país que o sofra ten todo o dereito do mundo a actuar en consecuencia; pero contra o grupo terrorista, non contra unha poboación enteira.
Desde o intre no que Israel ataca á poboación de gaza co seu avanzado potencial militar, o que fai é comezar unha nova guerra con metodoloxía exterminadora ca única finalidade, non nos enganemos, da ampliación do seu territorio. Estamos ante un movemento de colonialismo xenocida e ollamos todes cara outro lado.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.