A máquina de raios
Preguntámonos todes eis composteláns que ven sendo esa máquina que montaron en Santa Susana... pois ben... logo de varios días de investigación podo asegurar que Galiza dispón antes que os británicos dunha arma de defensa antiaérea que se ben non parece tecnoloxía laser, si que funciona lanzando algún tipo de ráios ao espazo aéreo.
E ademais diso, entroutras cousas máis, a nosa máquina (moito antes cos inventos dos chineses) é unha sementadora de chuvias; si, é a que fai que en Santiago chova (e non pouco) para facer Arte das nosas rúas e de paso limpar as mexadas das noites estudantís.
Nestoutra imaxe podemos observar coma é que carga de enerxía.
Por certo; e só coma aclaración. Ultimamente estiven a xogar un chisquiño ca creación de imaxes con axuda da Intelixencia Artificial. Pero isto non leva nada diso, nin sequera é retoque dixital. Ambas fotos foron tiradas coa cámara e sen trípode. A primeira é unha imaxe de longa exposición de dous segundos e na segunda o mesmo pero usando unha técnica que chamamos no idioma dos inventores do cañón láser antiaéreo: zoom in / zoom out... usámolo para producir unha irradiación (que dicimos no argot artístico).
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.