Abiss


Gústame ler fotografía porque atópome con moitas capas de lectura. Porque hai imaxes escritas con varias capas que só coa aprendizaxe vas ir comprendendo.

Esta escena encantoume polo misterioso xesto do ciclista. Que estará a buscar? Caíuselle algo? Nunca o saberemos pero o espectador pode deixar voar a imaxinación.

Pero xa non tan evidentes son outras capas, coma as cores. Esta foto, como é costume en min, contén as cores que a cámara recolleu da escena. Outros autores trocan localmente con software de retoque dixital as cores para encaixalas mellor na escena (o cal non está mal feito, é unha decisión particular). Mais eu prefiro atopalas, por iso non obturo de máis por fotar en dixital. Se troco este proceso, seguro que volvo con milleiros de fotos cada día.

O caso é que esta escena chamoume pola armonía tristeira e case monocromática da escena onde as personaxes casan coa contorna cunhas cores que ademais acentúan a sensación de misterio. 

Comentarios