A voltas co can


Hai que estar moi atento co que acontece ao teu redor. As cores poden ser as protagonistas da historia. Facelos casar xa é cousa da sorte e da agudeza visual do fotógrafo.

Con todo, así que te afás a compoñer coas cores, elas fálanche, chaman por ti.

Algo no cadro convidábame a fotar. A sorte aliouse co mundo agasallándome esas coincidencias tan fermosas, pero ese toque humanístico que confire pasear ao can... can? que can?

Por se non o sabiades, existen ferramentas de IA xenerativas que saen de balde) que poderían colocar ambas personaxes xustiño baixo os focos das farolas. Pero tanto o meu xeito de traballar coma a miña ética persoal, impediríame facelo sen avisar do uso da IA e retirándome dese xeito a autoría da foto. Aquí está todo e tal cal estaba no intre no que a cámara o recolleu, as cores tamén. Non existe retoque dixital pois eu tiro foto directa.


Comentarios