Ao carallo con Altri!


O cambio climático é un feito e a auga non é un ben privado nin infinito, máis ben todo o contrario. Debemos respectala e non desperdiciala. 

O consumismo da nosa sociedade capitalista impide que unha persoa poida repetir ano tras ano a mesma roupa ata que non serve para máis. O caso é mercar e mercar; se pode ser barato, mellor porque aumenta o grupo se clientes aos que se chega.

Porén, o prezo medioambiental para soster ese sistema de libre comercio e consumismo extremo é tan alto coma inasumíbel.

Se o noso magnífico goberno dunha roda permite finalmente que a fábrica portuguesa ocupe as nosas terras, pasaremos a un nivel superior de contaminación de augas e chan.

Lin algunha vez que a expresión "vaite ao carallo" foi usada para castigar aos mariñeiros das carabelas subíndoos aos mástis con canastos de vixiancia. Supoño que un castigo supremo para alguén mareadizo e con vertixe. Hoxe usamos a frase con outra finalidade que penso casa moi ben nesta publicación... así que...

Vaite ao carallo, Altri!
Altri NON!

Se a Xunta non defende os nosos recursos nacionais... tamén pode ir xunto seu benquerido Altri.

Comentarios