A crucifixión


Había ben de tempo que non escoitaba tanta tontada xunta desde organismos oficiais dos distintos gobernos.

Unha das últimas veu da Venezuela onde o seu presidente dixo sen chegar sequera a ruborizarse que Xesús Cristo foi crucificado polos españois; en realidade, polos imperialistas españois, por iso de ser máis concretos e exactos na transcrición da cita.

Pero a ver, Nicolás Maduro! Onde che contaron tal cousa, paspán? Porque síntoo se alguén se me ofende, pero hai que ser moi paspán para soltar semellante burrada.

Comentarios