Na costa vemos o que costa


Que pouco me gusta falar de fútbol! Pois non, non o vou facer porque non me apetece nin entendo. Só vos digo que está claro que costa moito volver ter en primeira un equipo logo de velo descender e por iso o ideal para a nosa terra é cargalo diso que lle chamades derbis e discutir, rir e chorar unha ou dúas semanas ao ano. Pero, desexar o descenso ao rival? iso é de parvos porque afecta ata á taquilla dun mesmo, pero bon, ata aquí.

Un bo día atopeime esta Panteira Rosa na Coruña que non sei se ía ou viña de ver un partido. En realidade nin sei se había partido sequera. Debía de ser Entroido. Xa choveu desde aquela. Por sorte non era un deses veteráns ucraínos que viñan da anterior guerra e que formaban parte da peor banda criminal que operaba en toda España. Lembrádela? eran os Panteira Rosa precisamente. Moi perigosos e ían sempre armados con armamento militar que precisamente é imposíbel de controlar ao longo dun conflito dese tipo. Nós armámolos e logo usan o armamento en tempos de paz para atracar xoierías no noso país. Pero claro, mentres sexan brancos, rubios e de ollos azuis nunca nos van a preocupar abondo coma para facernos cavilar nas distintas varas de medir que usamos á hora de decidir a quenes debemos ou non axudar e en como debemos facelo... 

... e agora chámame prorruso e será que ademáis non entendes nada, intelectualmente igual és unha nulidade.

Comentarios