Remata o verán


Setembro é un mes especial, seguramente odiado por moitos, posibelmente porque deixamos atrás o descanso estival ou estiramos as derradeiras semanas do verán nun clima xa máis transicional e con días moito máis curtos. 

Xa son horas de volver ás rutinas, despedir do sol, da praia, das vistas ao mar e as cervexas con pinchos e chinchos... e tamén de ir tomando nota das cores da tempada que estamos xa a menos dun mes de recibir, a do outono.

Comentarios