Soportais de Raxoi


Nótase que ultimamente non teño moito tempo de saíres fotar porque fago algún que outro redescubrimento no meu arquivo que paso ao departamento de procesado e ma deixan así de riquiña.

Desta volta é unha foto tirada baixo os soportais de Raxoi hai moitos anos cun móbil, daquela (aínda que sexa un dato irrelevante, serva para animar á xente que pensa que ten un dispositivo "vello") un iPhone 6.

Por certo, ese teléfono vello non serve xa de gran cousa pero non penso levalo nin a un punto limpo para que outros fáganse responsábeis do meu lixo dixital. Xa sei que rematará depositándose nun "país vertedoiro" e non o penso consentir. Todos os móbiles obsoletos quedan custodiados nunha caixa na miña propia casa.

Comentarios