Humanizar é non me veñas visitar



Onte tirei estas dúas imaxes que poden ser as últimas da Avenida Rosalía de Castro tal e coma a lembramos, con vehículos aparcados ámbolos dous lados. 

O luns 23 de agosto comezaron as obras de humanización que para os alcaldes coma o noso ven sendo algo así coma quitar aparcadoiro e colocar cemento a esgalla. Que si! que mellorará a paisaxe, pero coma dicía onte, todo é mellorábel e facer algo mellora sempre, pero PENSAR tamén, e difícil non é, pero tendo concelleiros de urbanismo que coñecen desde hai tan pouco tempo a pintura amarela de obra, pois sinceramente, iso do traballo intelectual tampouco é que se lle agarde moita espectativa.




O caso é que onte ademais estaba convocada unha manifestación veciñal á que por motivos persoais non cheguei a tempo de poder fotar pero si que puiden chegar a ver que  eran despedidos por unha dotación policial diría que desproporcional en comparación coa falta de perigosidade das persoas que protestaban polo xeito de facerse as obras.

Porque quenes gobernan desde a Casa Consistorial deberían comprender que ninguén se opón a que deixen un barrio ben fermoso. Pero o que non pode ser é non poder amosarllo a ninguén.

Como pensa o señor alcalde que imos recibir visitas se retira todos os aparcadoiros sen ofrecer antes unha soa alternativa? Previsión e planificación é o que lle piden. Non só destrución e deconstrución.

Comentarios