Intra Muros


Se temos na Galiza unha vila que me gusta especialmente, é Muros.

Non me sorprende que o pianista James Rodhes sentira a chamada, e a un artista polifacético coma el, amante da fotografía asinada con punto vermello, non imos discutirlle o bon gusto. 

E sei que seguramente xa foi descubrindo eses lugares secretos que só os magos das antigas escolas castrexas coñecen. Eses antigos magos que crearon os cimentos para nutrir escolas das que naceron figuras con varas de madeira e sombreiros longos e picudos... pero iso xa é outra historia... en fin... que aquí viña a contar a historia deste lugar.

Porque en Muros tamén temos un lugar onde botar unha carreira e atravesar a parede para poder coller o ferrocarril que nos leva ao Gran Instituto de Maxia de Galiza onde dan clases o mellor persoal docente da historia do meigallo do mundo. E por suposto, non falta queimada da boa!

Iso si! abstéñase o turismo de tentar o butrón que xa sabemos todes como as gastan cos coches submarinos que traen cada verán pola vila! Se queren vir, son benvidos, pero coma todes! De seguido explico o método:

1. Coller carreira de dez metros polo menos.
2. A falta de dous pasos pegar un gran salto e bater de medias costas.
3. Non perder nunca de vista a taquilla que debe quedar á esquerda, polo tanto, hai que bater ca dereita.
4. Imprescindíbel ter non ter contacto co chan no momento de bater coa parede.
5. Se non o consegues á primeira podes seguir intentándoo. Cando leves cinco ou dez intentonas eu recoméndote abandonar, igual o teu non é a maxia. Pero a intención é o que conta e toda a vila seguro que vaino saber.

Comentarios