Aplausos desde o inferno


Desatouse o inferno e eu fun testemuña desde a Praza do Obradoiro.

Non, por sorte para algúns seres dehumanizados, tratábase só de fogos artificiais. 

Estos últimos anos, o Concello de Santiago decidiu fechar as festas con fogos lanzados desde distintos puntos da cidade. Para levar a contraria, a nova alcaldesa decidiu este ano volver á tradición dun único punto. Descoñezo o motivo real de tal decisión.

Realmente non son partidario de lanzar fogos de artificio por todos os ceos xa que non me parece un xogo e moito menos inocente. De feito paréceme unha salvaxada primixenia digna só de quedar coma un anecdótico estudo antropolóxico.

Dos norteamericanos pódomo agardar porque xa sabemos todos que o seu uso do cerebro vai como vai, tirado por plasma e streaming, pero de nós agardo algo xa de activismo serio.

As imaxes anteriores poden parecer bonitas, mais a meirande parte do panorama era devastador. Fume, contaminación, ruído. Señora alcaldesa, mellor xa que comezou o traballo, remáteo! dea exemplo! Podemos gozar de festas sen fogos artificiais e sen contaminación acústica. E se non é esta alcaldesa... a ver se outre alcaldese tivese a ben poñerse a elo.

E non era unha treboada de verán. Tratábase dunha estúpida fumareda profucida pola absurda mentalidade humana que non sabe buscar o divertimento sen causar dano a os seres que nos acompañan.

Remataron os fogos e todes aplaudiron na praza... todes? non! eu, non. Eu sentín mágoa polo que estaba a presenciar. E esta mañá, ollando nas fotos, decateime de que algo tamén nos observaba desde ese ceo atormentado... e non! non hai nin IA nin retoque dixital, só o procesado básico que teño por costume facer en todas as miñas fotografías.

Comentarios