Inspirado por Matt Stuart



Atopei esta folliña tirada no chan e rapidamente acordei do xenial Matt Stuart. Por suposto, non pretendo nin compararme con el, e agardo que esta burda copia do seu traballo non lle pareza mal. 

Se non coñeces o traballo de Matt Stuart, (nesta ligazón tes o seu Instagram) e se non liches ningún dos seus libros, xa estás tardando. O bon humor e saber estar na rúa poden ser unha boa referencia para calquera que goce ou quixera gozar da fotografía urbana.

A foto de Matt Stuart ten un aquel que é inimitábel... esa si que é unha marabilla de foto! Irradia alegría, algo especial. Non sei... eu vexo a súa foto e o que transmite, é algo moi distinto.

A miña mola pola pareidolia completada cos ollos e narís, pero a de Stuart, sen necesidade de máis; só coa folla, foi capaz de transmitir un xesto moito máis humano e cheo de optimismo e ledicia.

A fotografía tirada por Matt Stuart, non é unha foto sinxela, nada sinxela. Por iso eu a vexo coma unha Obra Mestra.

Comentarios