Sempre canda un


O noventa por cento das fotos que tiro non as publico en ningures, quedan impresas nos meus álbumes. Pero de cando en vez, mándolle instantáneas do meu día a algún amigo. Unha pregunta que me fai sempre graza é o de "levas sempre a cámara contigo?" ao que respondo "sempre, e ata durme canda min"... e non, non falo da cámara do móbil no meu caso en particular.

Paréceme moi importante tela sempre na man. Por unha banda, a xente xa che asocia con ela e cando te atopan, saben que fas no tempo libre. Por outra, un sinxelo paseo en familia, un escaparate no que a luz da media tarde reflicte e amosa submundos invisíbeis para o peón non observador, pode agasallarte cunha instantánea con moitas capas. 

E si, se non tes unha cámara ca que te sintas cómodo para levala sempre contigo a todas horas, a do móbil podería valer.

Comentarios