Eu son raro



Chamoume moito a atención esta caligráfica combinación, ademais dese camiñar que se me fai tan interesante cando se cruzan os dedos ás costas. Sen falar deses dedos entrelazados mentres camiñaba o portador de tal cartaz.

"Weird", que ven sendo raro, extraño, curioso... algo que moito tempo foi usado para atacar a quenes así eran sinalados, tamén significa misterioso, peculiar... en fin, que ser weird é todo o contrario a ser unha persoa corrente, faiche único e por elo moi interesante. Polo menos para un observador coma min e admirador da beleza do mundo que o rodea.

Comentarios