O bon nunca abonda


En realidade xa levo uns días co modo traballo activado, pero isto non é cousa de publicarse en directo... pois a xente que o fai pón en risco a súa propia integridade física ou material.

Pero certo que ao bon acostumámonos rapidamente e que remata nun ir e vir.

Neste tempo aproveitei a descansar corpo e mente, a engordar coma un bocoi e tamén a pasar moito tempo con Fado.

Non minto se digo que botarei en falla esos intres de lectura ao seu carón, esos agarimos sen hora de caducidade polo frenesí da vida cotiá. Supoño que o sentimento non é mutuo, pero faime feliz pensar que así é.

Comentarios