Patas baixo cadeiras


As anomalías parécenme moi divertidas e curiosas de atopar. Xusto pasando por diante dun escaparate chamáronme a atención estas cadeiras que colocadas en sucesión conformarían unha repetición no que xusto a máis escura poderiámola definir coma unha desas anomalías. 

Mentres estudaba a perspectiva do que podía fotar nese lugar decateime que pola outra beirarrúa baixaba unha persoa que precisaba de bastón para camiñar e agardando ter sorte para que quedase máis ou menos ben situada, penso que ao final conseguínlle atopar as tres patas ao lugar.

Comentarios