Canciños

Unha das cousas máis divertidas que ten a Fotografía é o da procura de efectos que non sempre son tan claros de ler se non tes certa práctica.

Nesta imaxe que forma parte da serie "Marabillosos acompañantes", igual agóchase unha sorpresa visual que non podería existir sen certo factor de consciencia fotográfica e uns gramiños de sorte.

A hora do día na que fotei foi decisiva para atopar sombras potentes. A que proxecta o transeúnte houbo unhas décimas de segundo na que se fusionou coa do canciño formando outra que lembra a ese mitolóxico ser coñecido coma centauro.

Comentarios