Esa ollada...
Os reflexos nos escaparates das tendas permítenos captar imaxes moi creativas e curiosas, cargadas de ensoñamento.
Nesta libraría de segunda man, atopei exposta unha antiga cámara e un libro que presentaba unha imaxe de portada moi potente e cun título que a pesar de non estar o libro relacionado coa nosa paixón, é moi suxerente. Esa ollada monocromática compite con forza coa cor do resto da escena.
Na rúa reflíctese o tráfico rodado, máis a miña mínima paciencia para ficar no mismo lugar, abondou para que unha persoa en bicicleta cruzase agasallándome con certo dinamismo.
Comentarios
Publicar un comentario
Déjame aquí tu comentario.