De cando fun non binario


A identidade de xénero non a marcan os órganos sexuais tal e coma pensan algúns; de feito, a natureza e incluso a nosa propia historia está chea de exemplos e, o que nunca chegarei a comprender, é que con toda a cultura e información que temos na nosa man, cada ano teñamos que lembrar que somos unha especie naturalmente diversa.

Botando unha ollada ao meu propio pasado, lembrei as veces nos que fun un ser non binario. Daquela, e tamén na miña mocidade, foi confundida moitas veces a miña identidade de xénero. Esta foto que me tiraron de meniñe, resultoume moi clarificadora; pois ollándome desde fóra, non tería moi clara se me acho ante nena ou neno... e así foi durante moitos anos.

Pola miña banda, sempre sentín admiración e atracción pola beleza física do corpo humano, sexa cal sexa o seu aparato xenital ou reprodutor. Coido que isto tamén me axuda á hora de observar fotograficamente.

Comentarios