Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2024

Deixar pegada

Imaxe
Sinceramente, non chego comprender a finalidade de destrozar un investimento público que che poida parecer de maior ou menor utilidade. A min os teus adhesivos parécenme feos e unha porcallada que non axudan en nada á estética do lugar. Así que se non me argumentas algo que me convenza, o único que agora penso de ti que colaboraches en tapar a sinalización da zona, é que és un vándalo. ACLARACIÓN : Na foto non sae ninguén que colocase un adhesivo, quen o colocou xa se dará por aludido.

Lecturas na Praza da Inmaculada

Imaxe
Recupero hoxe unha imaxe panorámica de hai uns anos que tirei co móbil, daquela aínda tiña o iPhone 6; ou sexa, que xa choveu abondo... pero, que máis ten? A Catedral branquexaría, pero mover, o que se di mover, non se moveu do sitio, non si? Pero non só hai un templo na foto. Hai unha persoa culta, preparada, estudada. Unha persoa que un día como a súa vida e o seu futuro esnaquizaban por un conflito. Logo de gastar os aforros todos, ser enganado, roubado, ver morrer amigos, familiares e compañeiros de traxecto. Logo de ser apresado, torturado e presenciar coma mulleres son violadas... e homes tamén... logo de superar historias que nin podemos chegar a imaxinar... chega ao país soñado das oportunidades, coñecendo varios idiomas, preparado para desenvolverse na súa disciplina técnica... ... para decatarse de que o seu título aquí non serve de nada. A supremacía occidental e branca, ese racismo que levamos gravado a lume no ADN fainos sabedores dunha superioridade intelectua

Tamén gusta que che observen

Imaxe
Os fotógrafos retratámonos a través do noso ollar mais a non ser que pares o tempo para tirar autorretratos, o cal non é nada sinxelo; en imaxes directas coleccionamos pouca cousa. Por iso sempre insisto en que cando saímos fotar con outros compañeiros que comparten paixón, debemos pensar en adicar un tempo a ser xenerosos con eles e fotarlles tanto en acción coma en detalle. Porque será sempre un xesto de xenerosidade ofrecermos entre nós esa ollada que tanto nos define. E por iso tamén hai que ser agradecidos cando alguén nos presenta imaxes coma as que Patty tirou esa xornada mentres fotaba ou me movía entre as localizacións, cousa que é moito máis representativa dun "I was here" co estridente 'tag' que ensuxa paredes recién pintadas ou cristais recién limpos. Grazas Patty, por estas fotos, por escollerme para pasarmos unha vida xuntos entre tanta xente mellor ca min. Por aturarme que non é nada doado e de

Soportais de Raxoi

Imaxe
Nótase que ultimamente non teño moito tempo de saíres fotar porque fago algún que outro redescubrimento no meu arquivo que paso ao departamento de procesado e ma deixan así de riquiña. Desta volta é unha foto tirada baixo os soportais de Raxoi hai moitos anos cun móbil, daquela (aínda que sexa un dato irrelevante, serva para animar á xente que pensa que ten un dispositivo "vello" ) un iPhone 6 . Por certo, ese teléfono vello non serve xa de gran cousa pero non penso levalo nin a un punto limpo para que outros fáganse responsábeis do meu lixo dixital. Xa sei que rematará depositándose nun "país vertedoiro"  e non o penso consentir. Todos os móbiles obsoletos quedan custodiados nunha caixa na miña propia casa.

Recuperando panos de Muxía

Imaxe
Hoxe recupero unhas panorámicas que atopei no meu arquivo tiradas cunha cámara compacta que hoxe ninguén querería usar xa que levamos cámaras nos móbiles que cumpren con esa función. Estas panorámicas foron tiradas a pulso e aquela cámara nin sequera me permitía unha saída de arquivo en negativo dixital, directamente dábame un arquivo rematado en formato JPG con poucas posibilidades de procesado. A particularidade é que xa daquela non usaba trípode, a cámara indicábame cunha superposición onde debía encadrar a seguinte imaxe e cando a tiña, obturaba. Ía obturando ata rematar a panorámica que a propia cámara cosía e entregaba totalmente rematada. Con todo, aproveitando as novas tecnoloxías e intelixencias artificiais que procesan danando o menos posíbel a imaxe, puiden dárlle unha nova vida. Iso si! onde as luces estaban queimadas podería optar por sustituír o ceo máis vai en contra da miña relixión e coma todos sabedes, son fotos que tampouco me importan demasia

Remata o verán

Imaxe
Setembro é un mes especial, seguramente odiado por moitos, posibelmente porque deixamos atrás o descanso estival ou estiramos as derradeiras semanas do verán nun clima xa máis transicional e con días moito máis curtos.  Xa son horas de volver ás rutinas, despedir do sol, da praia, das vistas ao mar e as cervexas con pinchos e chinchos... e tamén de ir tomando nota das cores da tempada que estamos xa a menos dun mes de recibir, a do outono.

Na costa vemos o que costa

Imaxe
Que pouco me gusta falar de fútbol! Pois non, non o vou facer porque non me apetece nin entendo. Só vos digo que está claro que costa moito volver ter en primeira un equipo logo de velo descender e por iso o ideal para a nosa terra é cargalo diso que lle chamades derbis e discutir, rir e chorar unha ou dúas semanas ao ano. Pero, desexar o descenso ao rival? iso é de parvos porque afecta ata á taquilla dun mesmo, pero bon, ata aquí. Un bo día atopeime esta Panteira Rosa na Coruña que non sei se ía ou viña de ver un partido. En realidade nin sei se había partido sequera. Debía de ser Entroido. Xa choveu desde aquela. Por sorte non era un deses veteráns ucraínos que viñan da anterior guerra e que formaban parte da peor banda criminal que operaba en toda España. Lembrádela? eran os Panteira Rosa precisamente. Moi perigosos e ían sempre armados con armamento militar que precisamente é imposíbel de controlar ao longo dun conflito dese tipo. Nós armámolos e logo usan

Doce mil

Imaxe
Doce mil son os quilómetros que coma mínimo me separan do lugar onde tirei esta foto. Xa pasaron anos e a saber que foi tanto da persoa coma do canciño. Tampouco é que chegara saber nunca nada sobre eles. Simplemente vin a foto no momento, con esa estrada, a cordilleira ao fondo tapada pola mesta néboa e esa pintada que anunciaba un amor a todo aquel que pasaba polo lugar. Unha imaxe que permaneceu ata hoxe esquecida pero en estado latente no meu arquivo. Que fixo que hoxe volvese a emerxer? Non foron as cores, non. Non foi a paisaxe, non. De feito nin pasei dez segundos no procesado xa que llo deleguei á propia IA do Adobe Lightroom que logo de presentarme unhas propostas acepteille a que aquí vedes. Foi pensar nese amor. Co fugaz que hoxe é iso que chamamos amor pregúntome se quen escribíu tales verbas hoxe o volvería facer. Se o nome coincidiría. Pregúntome sequera se algunha vez Pepe chegou a ser merecedor de semellante mostra pública de afecto e, por suposto, se estivo