San Xosé de Milladoiro


Unha noite de lúa chea coma a de hoxe do 2021.

Ó ve-la lúa chea escintileando por riba da moderna igrexa católica do meu barrio, non puiden resistirme a obturar co meu teléfono móbil.

Será, tal e coma algúns parecen querer catalogar, outra cousa distinta á fotografía; ou postfotografía coma parecen querer bautizar todo aquelo que se sae do mal chamado mundo analóxico.

O caso é que xa non se pode obter unha imaxe coma esta porque tal e coma dicía en Suburbia, a cidade vaise comendo o terreo e esa perspetiva foi xa estropeada polas novas construcións.

Comentarios