Post-fotografía


Vai ser que non... os móbiles non serven. Premer un botón e listo... sen necesidade de facer nada máis.

Bon... xa sei que non é fotografía... ou iso din os que agora fan mesas pra descartar ós "post-fotógrafos"... e é que agora xa somos outra cousa.

Ven sendo coma dicir que Hamilton ou Alonso son post-condutores... e é que a condución de verdade desapareceu o 12 de maio do 1956 en Guidizzolo...

O que vedes é unha "fotografía?" feita co modo retrato pra desenfocar un fondo de goma EVA do tamaño dunha cartolina, posto a cinco centímetros do gato e usouse tamén un zoom dixital (non óptico) de x3,5 pra evitar encadrar nada fóra dese fondo. A IA do móbil fai posíbel todo iso... por elo xa non é fotografía, é outra cousa... igual co último premio Planeta non escrebe... fai outra cousa, o que non se fai con papel e pruma non é escribir, é outra cousa.

Esta outra foto incorpora xa un set de iluminación (que non era pra Fado, el simplemente decidiu colarse), un fondo, unha exposición manual, etc.

Pero o traballo que tivera detrás NON IMPORTA NADA en absoluto. O único que conta é o resultado. Ó espectador non lle ten que ser un valor engadido o esforzo feito polo autor senón o buscarlle sentido ó que ve e; que en moitas ocasións, coma nesta, non vai máis alá dun retrato con certa estética.

Comentarios