Optimismo


Tal día coma hoxe de hai catro anos; e nun alarde de puro optimismo, facíame este selfie co móbil.

Mentres o mundo volvía tolo baixo o guión dunha distópica película de ciencia ficción, uns procuraban o xeito de enriquecerse ca especulación de material sanitario e outros facíanse os heroes repartindo servilletas ós que prestabamos servizos ignorantes das fabulacións.

Pero entroutras ensinanzas aprendimos que a ignorancia tamén nos fai ceibes.

Diso é do que falo na serie Impercepcións.

Comentarios