Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

San Xosé de Milladoiro

Imaxe
Unha noite de lúa chea coma a de hoxe do 2021. Ó ve-la lúa chea escintileando por riba da moderna igrexa católica do meu barrio, non puiden resistirme a obturar co meu teléfono móbil. Será, tal e coma algúns parecen querer catalogar, outra cousa distinta á fotografía; ou postfotografía coma parecen querer bautizar todo aquelo que se sae do mal chamado mundo analóxico . O caso é que xa non se pode obter unha imaxe coma esta porque tal e coma dicía en  Suburbia , a cidade vaise comendo o terreo e esa perspetiva foi xa estropeada polas novas construcións.

Lume no ceo

Imaxe
Hai xusto cinco anos, o 28 de abril do 2019 detiven o meu coche nunha pista rural pra gozar e inmortalizar este intre que me agasallava a vida. A mellor cámara é a que levas enriba e; ese día, eu o que tiña era un teléfono móbil e grazas a el, hoxe lembrei este lume celestial tan fermoso. Tal día coma hoxe do 2021. Mentres gozada do abrente en Cidade da Cultura desde o seu miradoiro e tras levar traballado toda a noite, ó xirarme non puiden resistirme a fotografar o vehículo. A foto a tirei naquel intre co meu teléfono móbil.

A fiestra indiscreta

Imaxe
Unha noite coma a de hoxe do 2021, tamén gozamos do misterio da lúa chea asomando entre as nubes.

Post-fotografía

Imaxe
Vai ser que non... os móbiles non serven. Premer un botón e listo... sen necesidade de facer nada máis. Bon... xa sei que non é fotografía... ou iso din os que agora fan mesas pra descartar ós "post-fotógrafos"... e é que agora xa somos outra cousa. Ven sendo coma dicir que Hamilton ou Alonso son post-condutores... e é que a condución de verdade desapareceu o 12 de maio do 1956 en Guidizzolo... O que vedes é unha "fotografía?" feita co modo retrato pra desenfocar un fondo de goma EVA do tamaño dunha cartolina, posto a cinco centímetros do gato e usouse tamén un zoom dixital (non óptico) de x3,5 pra evitar encadrar nada fóra dese fondo. A IA do móbil fai posíbel todo iso... por elo xa non é fotografía, é outra cousa... igual co último premio Planeta non escrebe... fai outra cousa, o que non se fai con papel e pruma non é escribir, é outra cousa. Esta outra foto incorpora xa un set de iluminación (que non era pra Fado, el simplemente decidiu co

De cháchara ca lúa

Imaxe
Alguén mudoute de sitio... Alguén andivo de mudanzas 😉 Pero en fin... alguén decidiría que é hora de renovarse e; iso, adoita ser bastante positivo.

Rúas molladas

Imaxe
Xa sei que encántanos o clima solleiro, pero hai que recoñecer que cando a chuvia fai acto de presencia, ademais de encher os encoros e arranxar un pouco o problema das sequías, esteticamente tamén permítenos sacarlle partido.

A idade non perdoa

Imaxe
Xa pasaron anos desque quitei esta foto. A arboriña non puido aguantar. O tempo non perdoa. No seu día, a escena fíxome sentir conectado á natureza ó ver esa marabilla que por desgraza precisaba apoiarse nas muletaa pra manterse en pé. Algún día, aínda que agardamos sempre que quede lonxe (mais nunca é abondo), remataremos todes sendo dependentes.

Vistas desde o Gaiás

Imaxe
Un dos meus lugares favoritos é Cidade da Cultura onde ademais de ocio e cultura, dispoñemos dunhas vistas impresionantes no s 360º. Unha delas, podería ser esta.

Xunta de Galicia

Imaxe
Unha metáfora moi axeitada pra entender coma é que estamos tras tantos anos gobernados por aqueles aos que pouco lles importan as persoas, o medio ambiente e moito menos os animais.

Optimismo

Imaxe
Tal día coma hoxe de hai catro anos; e nun alarde de puro optimismo, facíame este selfie  co móbil. Mentres o mundo volvía tolo baixo o guión dunha distópica película de ciencia ficción, uns procuraban o xeito de enriquecerse ca especulación de material sanitario e outros facíanse os heroes repartindo servilletas ós que prestabamos servizos ignorantes das fabulacións. Pero entroutras ensinanzas aprendimos que a ignorancia tamén nos fai ceibes. Diso é do que falo na serie  Impercepcións .