Entrevistado por Gonzalo Lozano


Non é que me guste moito falar de min, pero esta simpática emboscada (por dicilo dalgún xeito) obrigoume a soltar un pouco a língua. Así que se queres coñecerme un pelín máis, aquí tes unha das mellores ferramentas para elo.


Prégoche que antes de dárlle ao 'plei' leas primeiro o que teño que dicirche e deas prioridade a ver o Podcast na propia web do entrevistador antes de facelo desde aquí. Non é máis ca un xeito de amosarlle o teu apoio e respecto a un creador de contido. Graciñas.

Gonzalo Lozano, do que xa che falei nestoutra publicación lanzou un novo Podcast co que volveu querer contar comigo.

Eu pensaba que iamos falar dalgunha experiencia formativa, dalgún tema tipo sensores, algunha técnica fotográfica ou... que sei eu? calquera cousa desas das que me gusta parolar cando engancho cunha cháchara desas sobre fotografía.

Pero desta volta, Gonzalo tíñame preparada unha sorpresiña. Quería saber algo máis sobre min, sobre o meu xeito de ver a Fotografía, de coma é que a sinto, coñecer máis ao que está detrás do visor da cámara que ao que acontece diante.

Así que déixoche ca entrevista que me fixo e que recoméndoche visitar desde a súa propia web e; por suposto, non sen antes terche lembrado un par de cousiñas:

  1. Apoia o seu Podcast a través do botón que aparece na súa Web e así estarás a poñer en valor o seu traballo. Costarache tanto coma convidalo a un café, ben merecido que o ten!

  2. Ségueo e suscríbete ao Podcast de Gonzalo en calquera das plataformas de podcasting e tamén a través da súa canle de YouTube sen esquecer dárlle á campá para non perder ningún novo episodio.

E agora, se me fixeche caso, chegou o intre de pasar pola web de Gonzalo para escoitar ou ver a entrevista que mantivemos onde a naturalidade e falta de guión deixa algún que outro gazapiño. A ver se és quen de atopalo e mo contas deixando un comentario!

Graciñas, Gonzalo; e grazas a ti tamén polo teu tempo e por estar dese lado.

Comentarios