Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2022

O Entroido na Galiza

Imaxe
  Nesta publicación non fechada iremos vendo aos poucos as personaxes máis representativas dos entroidos tradicionais galegos. As madamitas e os madamitos Na Baixa Limia é normal atoparse con estas figuras por parellas. Con porte elegante cunha base branca, van cubertas cunha capa ou cunha mantiña vermella. Os homes visten tamén faixas da mesma tonalidade vermella. As mulleres portan un chapeu de palla do que cae un velo de tul. Os homes levan un capirote de cor vermella con cintas. Tanto no caso delas coma no deles, cubren a faciana cunha máscara branca. Verín Existen moitas semellanzas entre os seus desfraces tradicionais, tantos que cando revisei as imaxes que tiña para facer o que na linguaxe fotográfica dicímoslle edición e que para o resto de usuarios ven sendo unha selección de fotos, ao ver a que che comparto, non sería capaz de distinguir ao Cigarrón  dun Peliqueiro de Laza  se non tivera sido pola sinatura da súa máscara na que con claridade podemos ler o lugar de procedenci