Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

Entrevistado por Gonzalo Lozano

Imaxe
Non é que me guste moito falar de min, pero esta simpática emboscada (por dicilo dalgún xeito) obrigoume a soltar un pouco a língua. Así que se queres coñecerme un pelín máis, aquí tes unha das mellores ferramentas para elo. Prégoche que antes de dárlle ao 'plei' leas primeiro o que teño que dicirche e deas prioridade a ver o Podcast na propia web do entrevistador antes de facelo desde aquí. Non é máis ca un xeito de amosarlle o teu apoio e respecto a un creador de contido. Graciñas. Gonzalo Lozano , do que xa che falei nestoutra publicación  lanzou un novo Podcast co que volveu querer contar comigo. Eu pensaba que iamos falar dalgunha experiencia formativa, dalgún tema tipo sensores, algunha técnica fotográfica ou... que sei eu? calquera cousa desas das que me gusta parolar cando engancho cunha cháchara desas sobre fotografía. Pero desta volta, Gonzalo tíñame preparada unha sorpresiña. Quería saber algo máis sobre min, sobre o meu xeito de ver a Fotografía, de coma é que a si